O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, pertencentes todas elas á colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade urbana de Compostela neses tempos: dende a reticulación urbana e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. Nos anos do noso percorrido a vida social (ilustrada no traballo de Baldomero Cores Trasmonte, "Minerva de Occidente") da cidade xira, esencialmente, entorno a dúas realidades sociais contradictorias: relixión e cultura. As actividades sociais e de feito económico da relixión parten da realidade das pelerinaxes e Festas do Apóstolo (Catedral) ou da formación (fábrica) de curas, monxes e frades (seminarios e conventos). Noutro extremo o feito cultural (ilustrado polo traballo de Miguel Anxo Seixas Seoane, A capital do Santo Iago) organízase entorno aos aspectos formativos relacionados coas Facultades e Centros de Ensino. Mesmo se nos tempos do noso estudio a Universidade oficial non é un exemplo de evolución e progreso o feito da presencia de miles de estudiantes vai configurar gran parte da vida social e cultural. A maiores, a cidade, xa considerada como capital de Galicia, vai vivir grandes momentos creativos fundamentados entorno ao galeguismo nos aspecto culturais e políticos: dende a creación das Irmandades da Fala, o Partido Galeguista ou a Asemblea de Municipios ata o Seminario de Estudios Galegos, a Imprenta Nós ou a Biblioteca das Américas.A definición da cidade, a maiores do aspectos urbanísticos, relixiosos, culturais, políticos..., chama a capítulo ao máximo expoñente e autor da súa creación, o morteiro e animador (etimoloxicamente «dar alma, dar vida»), o traballador individual recoñecido no ser colectivo de pobo. Dende os fundamentos canteiros, ferreiros, carpinteiros... deron vida á materia: moldearon a pedra, os metais, a madeira.
-5%
Antes:82,40 €
Depois de:78,28 €
IVA incluído
Descontinuado
Se a sua compra exceder 19

A memoria de Santiago do autor Diaz Martinez, Carlos editado por XERAIS
A memoria de Santiago tem um código ISBN 978-84-8302-576-5. Neste caso, é o formato papel, mas não temos A memoria de Santiago em formato ebook.
22,95 € 21,80 €
82,40 € 78,28 €
85,30 € 81,04 €
12,00 € 11,40 €
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
12,95 € 12,30 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...