Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario da coñecida "Papelería Ferrer", foi, ademais de fotógrafo e gravador, fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran focal e placas de cristal, realizando máis de catro mil pezas fotográficas, que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural, alén da súa importancia etnográfica pola súa preocupación por presentar ás xentes en todas as situacións da súa vida. Unha parte significativa desta obra foi reco-llida en Portfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904, que pretendían divulgar o nos patri-monio cultural, histórico e monumental.
O documentalista Carlos Díaz Martínez recompila, por vez primeira, neste volume máis de dous centenares de fotografías da cidade da Coruña e das vilas dos seus arredores (Betanzos, Sada, Cambre, Oleiros, Arteixo, Culleredo) agrupadas en catro grandes apartados temáticos: "Patrimonio histórico e monumental"; "Novo urbanismo e os traballos"; "Festas e xentes" e "Patrimonio e xentes".
Un libro de edición moi coidada e grande formato, de encadernación acartonda, que constitúe unha viaxe no tempo pola Coruña de sempre: dende as vistas da península da Torre ata a Colexiata de Santa María, do Xardín de San Carlos ata o Castelo de San Antón, da rúa de San Andrés ata o Cantón Gran-de, do Parrote á Dársenaà Un libro que tamén recolle as faenas e actividades das xentes: as lavandeiras no río Monelos, os paseos polos xardíns de Riazor, os desfiles de carrozas nos Cantóns, as festas de Carnaval, a festa da Arbore e outros tantos eventos cívicos. En definitiva, unha contribución importan-te para vivificar a memoria gráfica da cidade herculina.
-5%
Antes:22,95 €
Depois de:21,80 €
IVA incluído
Descontinuado
Se a sua compra exceder 19

A Coruña de Pedro Ferrer é um livro do gênero LITERATURA do autor Díaz Martínez, Carlos editado por XERAIS no ano 2005.
A Coruña de Pedro Ferrer tem um código ISBN 978-84-9782-372-2 e consiste em 240 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos A Coruña de Pedro Ferrer em formato ebook.
82,40 € 78,28 €
82,40 € 78,28 €
85,30 € 81,04 €
12,00 € 11,40 €
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
13,50 € 12,83 €
20,50 € 19,48 €
14,90 € 14,16 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...