Ramallo Fernández, Fernando / Rei-Doval, Gabriel / Rodríguez Yáñez, Xoán Paulo
Este Manual de Ciencias da Linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo sobre a linguaxe. A diversidade temática tratada polos respectivos especialistas ó longo de quince capítulos (desde a orixe da linguaxe na especie humana ou a zoosemiótica ata a fonética e fonoloxía, pasando pola psicolingüística ou a antropoloxía lingüística) favorece unha visión plural dos fenómenos lingüísticos, de tal xeito que este libro pode ser do interese do conxunto de profesionais da linguaxe, sexa cal sexa o seu labor concreto, pero constitúese, sobre todo, como un excelente material de traballo para alumnos e profesores das universidades galegas.Manual de Ciencias da Linguaxe inclúe unha serie complexa de materiais, con vistas a facilitar a súa explotación didáctica: cada un dos quince capítulos posúe unha batería de exercicios prácticos, un listado de lecturas comentadas e mais unha bibliografía introductoria nas páxinas iniciais: manuais de lingüística xeral, diccionarios, enciclopedias, selección de revistas, etc. Na parte final do libro, o lector atopará un extenso glosario, índices analíticos, de autores e de linguas.Os autores pretenden que este volume estimule a reflexión e o debate entre tódolos estudiosos da lingua e a lingüística galegas e contribúa a un aínda maior desenvolvemento dunha disciplina que asiste a unha particular expansión nos últimos tempos. Porque o seu enriquecimento e a ampliación das súas miras han redundar tamén na expansión e dinamización da propia lingua galega.
-5%
Antes:48,35 €
Despois45,93 €
IVE incluído
Descatalogado
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Manual de Ciencias da Linguaxe del autor Ramallo Fernández, Fernando editado por XERAIS
Manual de Ciencias da Linguaxe tiene un código de ISBN 978-84-8302-588-8. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Manual de Ciencias da Linguaxe en formato ebook.
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
12,95 € 12,30 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade