Ramallo Fernández, Fernando / Rei-Doval, Gabriel / Rodríguez Yáñez, Xoán Paulo
Este Manual de Ciencias da Linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo sobre a linguaxe. A diversidade temática tratada polos respectivos especialistas ó longo de quince capítulos (desde a orixe da linguaxe na especie humana ou a zoosemiótica ata a fonética e fonoloxía, pasando pola psicolingüística ou a antropoloxía lingüística) favorece unha visión plural dos fenómenos lingüísticos, de tal xeito que este libro pode ser do interese do conxunto de profesionais da linguaxe, sexa cal sexa o seu labor concreto, pero constitúese, sobre todo, como un excelente material de traballo para alumnos e profesores das universidades galegas.Manual de Ciencias da Linguaxe inclúe unha serie complexa de materiais, con vistas a facilitar a súa explotación didáctica: cada un dos quince capítulos posúe unha batería de exercicios prácticos, un listado de lecturas comentadas e mais unha bibliografía introductoria nas páxinas iniciais: manuais de lingüística xeral, diccionarios, enciclopedias, selección de revistas, etc. Na parte final do libro, o lector atopará un extenso glosario, índices analíticos, de autores e de linguas.Os autores pretenden que este volume estimule a reflexión e o debate entre tódolos estudiosos da lingua e a lingüística galegas e contribúa a un aínda maior desenvolvemento dunha disciplina que asiste a unha particular expansión nos últimos tempos. Porque o seu enriquecimento e a ampliación das súas miras han redundar tamén na expansión e dinamización da propia lingua galega.
-5%
Before:48,35 €
After:45,93 €
VAT included
Discontinued
If your purchase exceeds 19

Manual de Ciencias da Linguaxe from the author Ramallo Fernández, Fernando edited by XERAIS
Manual de Ciencias da Linguaxe has an ISBN code 978-84-8302-588-8. In this case it is format paper, but we don't have Manual de Ciencias da Linguaxe in format ebook.
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
12,95 € 12,30 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....