"O libro de Antón R. Gallardo é un sobranceiro expoñente do potencial do estudo da historia das mulleres: permite rescatar experiencias, achegas e loitas invisibilizadas no relato tradicional e contribúe a recoñecer o papel delas en procesos políticos, sociais e culturais tanto do lugar que habitan coma do país. Incorporar voces e experiencias femininas, ou, coma neste caso, erixilas en protagonistas, transforma o achegamento ao noso pasado nunha experiencia inclusiva e diversa, e, xa que logo, moito máis próxima á
complexidade real que se agocha detrás das sociedades pretéritas. O autor demostra, apoiado en numerosas fontes?entre as que destacan a documentación oficial custodiada en arquivos, a prensa periódica de época e a historia oral?, como a industria da sardiña, as migracións (tanto a Boiro como desde Boiro), o comercio, as ideoloxías políticas anticaciquís ou os conflitos socioambientais son (tamén) "cousas de mulleres", son esferas onde cabe atopar e reivindicar o feminino. E se é quen de pór luz en espazos aínda escuros no pasado delas, é certamente notable que tamén desmonte estereotipos nas esferas historicamente feminizadas como o citado ensino, o marisqueo ou o servizo doméstico. O libro de Antón R. Gallardo ten todas as garantías de gustar a quen o lea na procura dun excelente exercicio de historia das mulleres, pero, igualmente ten un enorme interese para quen goce con lecturas sobre o devir contemporáneo." Ana Cabana Iglesia. Profesora titular do Departamento de Historia da USC.
-5%
Before:19,90 €
After:18,91 €
VAT included

Mans que teceron futuro it is a book of the genre LITERATURE de ESSAYS from the author Rodriguez Gallardo, Anton edited by MEDULIA in the year 2026.
Mans que teceron futuro has an ISBN code 9791388061196 and consists of 264 pages. In this case it is format paper, but we don't have Mans que teceron futuro in format ebook.
18,00 € 17,10 €
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
19,90 € 18,91 €
19,90 € 18,91 €
19,90 € 18,91 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....