O galego Soto, líder da Patagonia rebelde
O galego Soto, líder da Patagonia rebelde Vieites Torreiro, Dolores;Bayer, Osvaldo;Mera, Manuel
Editorial:
XERAIS
ISBN:
978-84-8302-316-7
EAN
9788483023167
Coleção:
CRONICA
Alto:
300 Alto
Largura:
200Largura
Idioma:
GALEGO

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

-5%

20,60 €

19,57 €

IVA incluído

Envio grátis!

Se a sua compra exceder 19

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde é do autor Vieites Torreiro, Dolores;Bayer, Osvaldo;Mera, Manuel e tentar

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde do autor Vieites Torreiro, Dolores editado por XERAIS

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde tem um código ISBN 978-84-8302-316-7. Neste caso, é o formato papel, mas não temos O galego Soto, líder da Patagonia rebelde em formato ebook.

Outros livros de

Outros livros de XERAIS

As malas ideas

-5%

As malas ideas
María Solar
XERAIS

19,50 € 18,53 €

Os fíos de Begoña

-5%

Os fíos de Begoña
Eva Mejuto
XERAIS

15,95 € 15,15 €