DFW nas profundidades da tristeza infinita.
As cancións que lles cantaban aos cativos.
(2 obras)
En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de "non ficción". Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.
A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.
Sobre As cancións... a crítica escribiu:
"Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario" (Xesús González Gómez).
"Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal" (Manuel F.Vieites).
"É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor" (Xerardo Couto).
"As cancións... resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura." (Armando Requeixo).
"Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar" (Miguel Sande).
-5%
Antes:19,95 €
Depois de:18,95 €
IVA incluído
Disponível (Entrega em 10-15 dias)
Ajuda IBDDFW nas profundidades da tristeza infinita.

DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións qu é um livro do gênero LITERATURA de TEATRO do autor Raúl Dans editado por LAIOVENTO (IBD)
DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións qu tem um código ISBN 978-84-8487-531-4 e consiste em 252 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións qu em formato ebook.
17,95 € 17,05 €
8,95 € 8,50 €
11,95 € 11,35 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...