Ó remate da Primeira Guerra Mundial, os países vencedores, desigualmente afectados pola devastación bélica, dirixiron reclamacións indemnizatorias contra Alemaña, o cal non era de estrañar pois a avidez expansionista e belicismo do Reich foran determinantes na provocación do conflito. Pero, ademais das indemnizacións, en contías valoradas con absoluto exceso, o Tratado de Versalles de 1919 impoñia duras limitacións á reconstrución da economía alemá, arrebatándolle xacementos, recursos, instrumentos xurídicos e políticos, que eivaban de raíz a reconstrución do país.John Maynard Keynes, que formaba parte do grupo de asesores do goberno británico nas negociacións da Conferencia de Paz de París, advertiu ós representantes gobernamentais de que tan excesivo comportamento, ademais de tronzar o futuro económico de Alemaña, tería graves consecuencias para o futuro de Europa no seu conxunto. As consecuencias económicas da paz, publicado no mesmo ano de sinatura do Tratado de Versalles e que constituíu un clamoroso éxito editorial axiña publicado a once idiomas, contiña a exposición dos seus argumentos ó respecto.Non se trata dun ensaio académico de leccións de economía senón, maís ben, dun alegato ó sentido común, no que se mesturan a paixón a erudición, a crítica, a política e, sobre todo, a economía real. Keynes reflicte, con elegancia, dominio da lingua e dotes para a descrición, o seu malestar e preocupación sobre as duras e, nalgún caso tamén, ambiguas disposicións económicas do Tratado, que acabarían, segundo el, desmantelando a economía de Alemaña e, en última instancia, socavando as perspectivas da paz e da reconciliación.Cando o III Reich invade Polonia o 1 de setembro de 1939, o valor profético da obra de Keynes adquire toda a súa tráxica dimensión.
-5%
Antes:10,00 €
Depois de:9,50 €
IVA incluído

Consecuencias Economicas Da Paz, As. é um livro do gênero LITERATURA do autor Keynes, John Maynard editado por USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA no ano 2015.
Consecuencias Economicas Da Paz, As. tem um código ISBN 978-84-16533-02-2 e consiste em 248 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Consecuencias Economicas Da Paz, As. em formato ebook.
18,75 € 17,81 €
12,00 € 11,40 €
15,00 € 14,25 €
14,56 € 13,83 €
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
17,00 € 16,15 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...