Presentamos a 2ª edición, revisada e ampliada, de Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960- 1980, no que se inclúe unha coidada selección da obra do fotógrafo lugués Carlos Valcárcel relacionada co patrimonio histórico, cultural e etnográfico da Galicia dos anos 60 e 70 do século XX, cando aínda quedaban trazos auténticos dunha cultura secular tradicionl que pronto comezaría a esmorecer con rapidez. A introdución do libro, na que se realiza un profundo estudo da figura humana e como fotógrafo de Carlos Valcárcel, está escrita por dous amigos, compañeiros de afección e profundos coñecedores da súa obra e da súa técnica: os fotógrafos Román Montesinos e Eduardo Ochoa. Cun formato, de 230 x 225 mm, tapa branda con lapelas e impresión ófset en papel mate de gran calidade, as 197 fotografías incluídas en branco e negro nas 252 páxinas do libro reflicten os tres grandes grupos nos que as clasificamos baseándonos nas persoas e o que fan. Un primeiro adicado ao traballo, un segundo á socialización e o terceiro ás persoas da Galicia daqueles anos. Nesta ocasión realizouse un profundo traballo de documentación das imaxes, que na 1ª edición non tiñan pé de foto, co que se enriqueceu enormemente o libro, pois apareceron documentos totalmente descoñecidos e ubicáronse correctamente moitos outros, pois Carlos non era fotógrafo documentalista e non anotaba localizacións, persoas nin contidos. El buscaba o efecto artístico, pero, ao tempo, e sen ser consciente no seu momento, foi creando un arquivo imprescindible para coñecer aspectos de gran valor directamente relacionados coa cultura e patrimonio galegos.
-5%
Antes:35,00 €
Depois de:33,25 €
IVA incluído
Se a sua compra exceder 19

Carlos Valcárcel do autor Valcárcel Gay, Carlos editado por CANELA no ano 2026.
Carlos Valcárcel tem um código ISBN 9791399168013 e consiste em 252 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Carlos Valcárcel em formato ebook.
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...