Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".
-5%
Antes:19,00 €
Depois de:18,05 €
IVA incluído

As últimas galerías é um livro do gênero LITERATURA do autor Álvarez Caccamo, Xosé María editado por GALAXIA no ano 2015.
As últimas galerías tem um código ISBN 978-84-9865-619-0 e consiste em 404 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos As últimas galerías em formato ebook.
16,00 € 15,20 €
10,00 € 9,50 €
13,60 € 12,92 €
22,40 € 21,28 €
31,20 € 29,64 €
8,30 € 7,89 €
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
23,00 € 21,85 €
19,50 € 18,53 €
14,40 € 13,68 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...