«A Nova Educación prepara en cada neno non só o futuro cidadán, capaz de cumprir os seus deberes para cos seus próximos, a súa nación e a humanidade no seu conxunto, senón tamén persoas conscientes da súa propia dignidade como seres humanos». A Nova Educación con varias denominacións: Éducation nouvelle, New Education, Progressive Education ou tamén Escola Nova supuxo unha revolución copernicana, unha ruptura con respecto ao modelo educativo dominante a finais do s. XIX. Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica; abriu as portas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que os docentes se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista psicolóxico e emocional, polas súas necesidades e motivacións; puxo o foco no clima organizativo e relacional; deulle un novo protagonismo á formación ética e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión infantil. O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentes que abordan a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto Codignola, promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das recoñecidas escolas novas. Trátase dun texto rico en información e argumentativo, que foi actualizado en 1962, complementado polo pedagogo Aldo Visalberghi e reeditado de novo en 1970. O libro conta cunha nota de presentación (onde se aclaran referencias, datos e conceptos que poden presentar algunha complexidade na actualidade), cun anexo conceptual e informativo ordenado alfabeticamente e un epílogo final de Antón Costa, especialista na materia.
-5%
Antes:19,00 €
Depois de:18,05 €
IVA incluído

As "escolas novas" e os seus problemas é um livro do gênero POLÍTICA, RELIGIÃO E FILOSOFIA de FILOSOFIA do autor Codignola, Ernesto editado por KALANDRAKA no ano 2023.
As "escolas novas" e os seus problemas tem um código ISBN 978-84-1343-267-0 e consiste em 208 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos As "escolas novas" e os seus problemas em formato ebook.
16,00 € 15,20 €
18,00 € 17,10 €
16,95 € 16,10 €
19,00 € 18,05 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...