Lema Suárez, Xosé María / Domínguez Rial, Evaristo / Fernández Carrera, Xan / Mouzo Lavandeira, Roberto / Rei Lema, Xosé María
Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos. Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona. Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar. Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade. Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca. Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestasà Un apartado especial son as rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.
-5%
Antes:20,95 €
Depois de:19,90 €
IVA incluído
Descontinuado
Se a sua compra exceder 19

A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte é um livro do gênero VIAGENS E MAPAS de GUIAS DE VIAGEM do autor Lema Suárez, Xosé María editado por XERAIS no ano 2010.
A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte tem um código ISBN 978-84-9914-163-3 e consiste em 352 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte em formato ebook.
9,95 € 9,45 €
9,95 € 9,45 €
17,50 € 16,63 €
31,50 € 29,93 €
3,00 € 2,85 €
28,95 € 27,50 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...