" Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, " Soños. Arquivos. Cartas " non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.
-5%
Antes:14,50 €
Despois13,78 €
IVE incluído

SOñOS. ARQUIVOS. CARTAS es un libro del género LITERATURA de POESÍA del autor Cebreiro, María do editado por XERAIS en el año 2018.
SOñOS. ARQUIVOS. CARTAS tiene un código de ISBN 978-84-9121-332-1 y consta de 80 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de SOñOS. ARQUIVOS. CARTAS en formato ebook.
17,00 € 16,15 €
16,95 € 16,10 €
15,00 € 14,25 €
10,50 € 9,98 €
16,00 € 15,20 €
13,50 € 12,83 €
14,50 € 13,78 €
13,95 € 13,25 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade