Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume.Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden o que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores.Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Anxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.
-5%
Antes:13,95 €
Despois13,25 €
IVE incluído

Pel de lobo es un libro del género INFANTIL E XUVENIL de LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS del autor Miranda, Xosé editado por XERAIS
Pel de lobo tiene un código de ISBN 978-84-8302-865-0 y consta de 112 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Pel de lobo en formato ebook.
9,80 € 9,31 €
9,00 € 8,55 €
11,35 € 10,78 €
14,90 € 14,16 €
14,90 € 14,16 €
13,15 € 12,49 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
13,95 € 13,25 €
13,95 € 13,25 €
13,50 € 12,83 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade