Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común.Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de " Extenuación " ata o " Agardando a Monroi " , singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo.Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.
-5%
Antes:13,50 €
Despois12,83 €
IVE incluído
Descatalogado

Oralmente pola boca del autor Cid Cabido, Xosé editado por XERAIS
Oralmente pola boca tiene un código de ISBN 978-84-8302-158-3. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Oralmente pola boca en formato ebook.
17,00 € 16,15 €
17,00 € 16,15 €
20,50 € 19,48 €
20,50 € 19,48 €
11,90 € 11,31 €
13,95 € 13,25 €
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
12,95 € 12,30 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade