Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual -os dos medios de comunicación de masas-, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces.
Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós.
"A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar." (Isabel Mociño González) "O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico." (Francisco Martínez Bouzas)
-5%
Antes:19,50 €
Despois18,53 €
IVE incluído
Descatalogado

O sangue dos camiños es un libro del género NARRATIVA del autor Caride Ogando, Ramón editado por XERAIS en el año 2014.
O sangue dos camiños tiene un código de ISBN 978-84-9914-427-6 y consta de 224 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de O sangue dos camiños en formato ebook.
13,30 € 12,64 €
9,60 € 9,12 €
7,10 € 6,75 €
16,00 € 15,20 €
7,00 € 6,65 €
10,03 € 9,53 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
15,50 € 14,73 €
19,50 € 18,53 €
12,95 € 12,30 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade