O tema da inmigración converteuse nos últimos tempos nun dos eixes sobre os que xira boa parte do discurso social, ata o punto de ser recoñecido como hiperxénero. Trátase dunha cuestión complexa, con grande calado ético, cognitivo e afectivo, e dunha considerable heteroxeneidade polos referentes comunicativos que implica, tanto no plano político-económico como, de xeito particularmente crítico, na órbita cultural. O presente volume, preparado polos profesores Miguel Anxo Santos Rego e María do Mar Lorenzo Moledo, é pioneiro no escrutinio socioeducativo do fenómeno da inmigración en Galicia, un país aínda de emigrantes, e pretende coñecer e dispor o que sexa necesario para que a inmigración que chega teña na escola, e no sistema educativo en xeral, o lugar que lle corresponde en xustiza. Un libro, froito dunha investigación ampla e rigorosa, que ten como obxecto facer unha aproximación ordenada a un vínculo, o que se dá entre inmigración e educación en Galicia, de grande potencia para un futuro de convivencia e progreso compartidos na perspectiva dunha Europa interesada por alcanzar unha cidadanía intercultural. Convencidos os autores de que a inmigración continuará a ser un formidable vector de cambio no mundo, este volume abre un fecundo camiño para que os educadores participen con razóns e argumentos sólidos, nesa dinámica aberta de maior diálogo e compromiso interdisciplinar sobre unha das cuestións máis relevantes da realidade social do noso tempo.
-5%
Antes:20,95 €
Despois19,90 €
IVE incluído
Descatalogado
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Inmigración e acción educativa en Galicia es un libro del género LITERATURA de ENSAIOS del autor Santos Rego, Miguel Anxo editado por XERAIS en el año 2003.
Inmigración e acción educativa en Galicia tiene un código de ISBN 978-84-9782-041-7 y consta de 280 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Inmigración e acción educativa en Galicia en formato ebook.
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
21,95 € 20,85 €
31,50 € 29,93 €
18,95 € 18,00 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade