Recluído en Berlín nun ambiente de pesimismo, como consecuencia da capitulación de Prusia fronte a Napoleón en outrubro de 1806, o naturalista Alexander Von Humboldt (1769-1859) concibiu os seus Ansichten der Natur como unha sorte de desafogo e conforto na que a lembranza das vizosas terras tropicais actuaba coma bálsamo do seu desalento. A xénese da obra está na conferencia que Humboldt pronuciou en Berlín en 1806 sobre Fisionomía dos vexetais, á que lle incorporou outra ditada un ano despois Sobre as estepas e os desertos e unha última Sobre as fervenzas do Orinoco. Todo isto compoñía un volume de 334 páxinas editado en 1808 por Johann Georg Cotta en Tubingen, no que o autor tentaba, sobre todo, proporcionar un tratamento estético do mundo natural.Os Cadros da Natureza foi o libro máis popular de Humboldt, chegando a ser traducido a once idiomas, a obra dun devoto amante da natureza e dun autor de exquisita prosa, un libro que, dende a súa primeira edición, foi deixando fonda pegada en moitos científicos e artistas posteriores, como por exemplo Thoureru, Emerson ou Marsh, fundadores do movemento ambientalista americano, e, en xeral, en todo o pensamento biolóxico e científico moderno. Unha obra que, más de douscentos anos despois da súa aparición, renace en lingua galega coa louzanía dos clásicos
-5%
Antes:10,00 €
Despois9,50 €
IVE incluído

Cadros da natureza es un libro del género CIENCIAS, TECNOLOXÍA E MEDICIÑA de NATUREZA del autor Von Humboldt, Alexander editado por USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA en el año 2020.
Cadros da natureza tiene un código de ISBN 978-84-17595-78-4 y consta de 211 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Cadros da natureza en formato ebook.
39,00 € 37,05 €
8,00 € 7,60 €
18,00 € 17,10 €
14,00 € 13,30 €
10,00 € 9,50 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade