Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico, publicado hai xa máis de vinte anos, que agora Xerais recupera, revisado e actualizado polo seu autor, o arquitecto Pedro de Llano. Trátase da edición dun título emblemático, varias veces esgotado, que hoxe se complementa con novos apartados que posibilitan unha lectura actual da arquitectura anónima que foi obxecto do estudo deste libro. A intención da nova edición que Xerais saca á luz é revitalizar esta apreciada e transcendental investigación para situar o rico acervo da arquitectura popular no noso actual contexto temporal, aceptando que se ben resulta incuestionable que, na súa globalidade, toda arquitectura deberá desaparecer unha vez esvaecidos os usos que lle deron vida, esas austeras construcións populares, que intelixentemente rehabilitadas poderían manter a súa funcionalidade como contedores de vida por un longo período de tempo, teñen aínda moitas cousas que ensinarnos. Co tratamento gráfico de Alfonso Salgado e fotografías de Juan Rodríguez, Arquitectura popular en Galicia afronta esta nova edición actualizada desde o convencemento de que, ao longo de todos estes anos, o libro logrou que medrase en Galicia o interese pola transcendencia cultural das edificacións anónimas, ás que Pedro de Llano dedicou un longo período da súa vida, buscando entre os seus muros os segredos da racionalidade. Por iso hoxe, a esta nova edición, o autor engádelle unha importante reflexión persoal sobre o interese da súa potencial rehabilitación e o posible proveito do seu estudo como base de apoio para o traballo creativo dos arquitectos
MERCA ESTE ARTIGO
43,60 €
IVE incluído
Descatalogado
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Arquitectura popular en Galicia (Galego) es un libro del género ARTE, ARQUITECTURA, CINE E FOTOGRAFÍA de FOTOGRAFÍA del autor Llano Cabado, Pedro de editado por XERAIS en el año 2006.
Arquitectura popular en Galicia (Galego) tiene un código de ISBN 978-84-9782-462-0 y consta de 240 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Arquitectura popular en Galicia (Galego) en formato ebook.
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade