Os Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan viron a luz en 1948, o que fai da obra unha das primeiras memorias literarias do Holocausto. Tamén resultou ser unha das máis polémicas: orixinalmente presentouse como un texto orixinal de Koeppen, baseado nas reminiscencias que o protagonista, Jakob Littner, supostamente compartira en conversa co editor; anos despois, a raíz da reedición da obra (para entón esquecida), quedou demostrado que Koeppen traballara sobre un manuscrito do propio Littner, que o editor xulgara interesante no contido e deficiente na forma. Sexa como for, os Apuntamentos constitúen un relato poderosísimo da desgracia e salvación dun home que na noite do 9 de novembro de 1938 deixa de ser reputado filatelista muniqués de vida acomodada para se converter nun xudeo polaco deportado e perseguido pola que sempre considerou a súa patria. Cun estilo sobrio e enganosamente obxetivo nárranse a espiral de horror que conclúe con Littner agochado nun burato no chan grazas á intervención dun aristócrata polaco máis premido pola falta de diñeiro ca polas conviccións nazis.
-5%
Antes:14,00 €
Despois13,30 €
IVE incluído

Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan es un libro del género NARRATIVA del autor Koeppen, Wolfgang editado por RINOCERONTE EDITORA S.L. en el año 2011.
Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan tiene un código de ISBN 978-84-92866-23-6 y consta de 128 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan en formato ebook.
16,00 € 15,20 €
14,00 € 13,30 €
16,00 € 15,20 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade