Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro é unha obra coral que recolle preto dunha trintena de achegas referidas á historia da lingua, a gramática diacrónica e a edición de textos referentes tanto ao galego como ao portugués (europeo e brasileiro), cun límite temporal nos finais do século XVIII. As devanditas liñas temáticas constitúen ámbitos de traballo nucleares no currículo do homenaxeado. Ao seu cultivo no presente volume contribúen algunhas das voces máis representativas da filoloxía galego-portuguesa dos nosos días. A iniciativa de erguer este humilde monumento a un dos referentes vivos da filoloxía portuguesa, sabio sobranceiro e maxistral historiador da lingua, xurdiu dun grupo de investigadores do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ofrécese ao público como expresión do recoñecemento ao papel de Ivo Castro canto facilitador de contactos persoais, colaboracións científicas e trocas académicas entre pesquisadores do norte e o sur do río Miño e dunha banda e outra do Océano Atlántico
-5%
Antes:20,00 €
Despois19,00 €
IVE incluído

Ao Sabor Do Texto. Estudios Dedicados A Ivo Castro es un libro del género LITERATURA del autor Alvarez Blanco, Maria Rosario editado por USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA en el año 2013.
Ao Sabor Do Texto. Estudios Dedicados A Ivo Castro tiene un código de ISBN 978-84-15876-15-1 y consta de 560 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Ao Sabor Do Texto. Estudios Dedicados A Ivo Castro en formato ebook.
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
17,00 € 16,15 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade