Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema.A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros. O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter mesmo no fragor da batalla de Elviña.
-5%
Antes:15,55 €
Despois14,77 €
IVE incluído
Descatalogado

A retirada de sir John Moore es un libro del género INFANTIL E XUVENIL de LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS del autor Carreiro, José editado por XERAIS en el año 2002.
A retirada de sir John Moore tiene un código de ISBN 978-84-8302-772-1 y consta de 48 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de A retirada de sir John Moore en formato ebook.
12,00 € 11,40 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
14,50 € 13,78 €
14,50 € 13,78 €
15,50 € 14,73 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade