Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ignotas da Patagonia para levantar no sur do novo continente poboacións e asentamentos " cos que el-Rei don Carlos III das Españas ha de defender os seus reinos, ameazados pola cobiza do inglés e e a furia dos inimigos " , segundo rezaban as ordes do ministro Floridablanca e o marqués da Sonora, inspiradores da experiencia.Esta " Expedición das familias " , que foi como se denominou a aventura, movilizou fundamentalmente xentes de Galicia, de León e de Asturias, labregos " de probada conducta " , para afincar os establecementos patagónicos: San Xosé, Porto Desexado, San Xulián, Nosa Señora do Carme..., e constitúe de feito a primeira emigración masiva de galegos o novo mundo, o principio dunha longa diáspora.Freixanes volve, pois, sobre algunhas das súas constantes: a utilización da Historia como materia narrativa, e propón nas páxinas desta novela un canto épico ás nosas xentes, homes e mulleres de humilde condición, pilotos, oficiais, exploradores, intendentes, capitaneados por don Xoán De la Piedra, primeiro responsable da expedición.Novela de aventuras e de reflexión, de intenso alento épico e escollidos momentos de lirismo, na que o lector viaxa da man dun difunto, o piloto noiés Basilio Vilariño, por algúns dos episodios máis fascinantes e menos coñecidos da nosa Historia.
-5%
Antes:24,15 €
Despois22,94 €
IVE incluído
Descatalogado
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

A cidade dos Césares es un libro del género LITERATURA de LITERATURA CLÁSICA del autor F. Freixanes, Víctor editado por XERAIS en el año 2002.
A cidade dos Césares tiene un código de ISBN 978-84-8302-841-4. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de A cidade dos Césares en formato ebook.
19,95 € 18,95 €
24,00 € 22,80 €
24,60 € 23,37 €
20,85 € 19,81 €
90,26 € 85,75 €
35,00 € 33,25 €
9,00 € 8,55 €
20,00 € 19,00 €
19,50 € 18,53 €
19,50 € 18,53 €
22,95 € 21,80 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade