Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na literatura, na música e na análise lúcida o seu primeiro territorio de liberdade. A chegada a Londres, a comezos dos sesenta, xunto ao seu compañeiro Fernando Pérez Barreiro, abriu un exilio voluntario que fixo da cidade un fogar intelectual. Alí, entre bibliotecas, debates e horizontes cosmopolitas, Barro converteuse nunha voz singular do galeguismo no exterior: cofundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, tradutora para organismos internacionais incluíndo a primeira versión galega de Alice in Wonderland- até os 88 anos e exploradora das disciplinas astrolóxicas e filosóficas. Vento de marzo. Caderno de menoria non é só memoria: é unha mirada crítica sobre o século XX e as mudanzas do novo milenio. Cunha prosa sobria e exacta, a autora examina o derrubamento das estruturas patriarcais, a deriva das democracias e o valor irrenunciábel da autonomía individual. Desde a serenidade da madureza, ofrece o testemuño dunha observadora que contemplou o mundo con claridade e sen concesións á nostalxia.
-5%
Avant:19,95 €
Après:18,95 €
TVA incluse

VENTO DE MARZO de l'auteur Barro Múñoz-ortiz, Teresa édité par LAIOVENTO, S.L. dans l'année 2026.
VENTO DE MARZO a un code ISBN 978-84-8487-789-9 et se compose de 194 pages. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas VENTO DE MARZO au format ebook.
10,10 € 9,60 €
3,00 € 2,85 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....