Merlín, o máis sonado dos encantadores artúricos, agacha tras de si unha personalidade complexa -á vez profeta, meigo, habitante dos bosques, talvez druida...-forxada a cabalo dos séculos XII e XIII. Lonxe dos tópicos cos que hoxe en día se adoita a rodea-la súa figura, o presente libro traza a súa evolución, dende as orixes nas literaturas celtas e as crónicas galesas escritas en latín, ata os testemuños peninsulares serodios, xa a finais da Idade Media. Amósanos así o proceso de formación do carácter merlinesco, desenvolvido por medio de aportacións graduais que irán enriquecendo a súa lenda: o neno sen pai que profetizara para o rei Vortigen, o adiviño tolo da fraga de Calidon, o seu amor pola Dama do Lago e a terrible vinganza desta.O mesmo tempo, da súa man descobrimos os máis personaxes e motivos da corte do rei Artur: a Mesa Redonda, Escalibur, Morgana ou a illa de Avalon. Universo poboado de fadas e cabaleiros e cheo de misterio e cortesía, eternamente vivo no imaxinario da cultura de Occidente e que paga a pena coñecer na súa versión orixinal.
-5%
Avant:21,90 €
Après:20,81 €
TVA incluse
Hors catalogue
Si votre achat dépasse 19

Merlín e a súa historia de l'auteur Gutiérrez García, Santiago édité par XERAIS
Merlín e a súa historia a un code ISBN 978-84-8302-144-6. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Merlín e a súa historia au format ebook.
16,50 € 15,68 €
9,80 € 9,31 €
19,50 € 18,53 €
15,50 € 14,73 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....