A través de dúas voces, a do propio artista -que narra en primeira persoa os acontecementos fundamentais da súa vida- e a do autor, o profesor Antón Castro, entramos na apaixonante aventura de Laxeiro, quizais o pintor que mellor definiu as transformacións estéticas de Galicia no século XX. Dun xeito estructural e seguindo un desenvolvemento a través do tempo, acompañamos ó artista nas diferentes xeografías que condicionaron a súa vida e polo tanto a súa arte, un modelo de renovación parello ás transformacións da conciencia estética que tivo sempre como referencia a orixe, a tradición e a filosofía escondida nas vellas montañas de Lalín, que el considerou poboadas de momos e mitos. De Botos á Habana, do retorno ás aldeas de Lalín, onde inventou nos anos trinta unha maneira particular de interpretar a alma de Galicia coa " estética do granito " , primitiva e expresionista ó Vigo da posguerra que asistiu á concreción dos seus " trasmundos " , que reivindicaban ó Mestre Mateo e a arte dos canteiros populares, o percorrido de Laxeiro vai enriquecerse polo camiño da diversificación na súa estadía de case vinte anos en Arxentina. Unha diversificación que o levará a cultivar diferentes rexistros lingüísticos, adiantándose a veces a súa época, facendo coexistir a figuración e a abstracción en medio dun antropoloxismo que só prevía a existencia de Galicia máis aló dos seus límites naturais.Humanista convencido, fabulador socarrón e burlesco, intérprete privilexiado da realidade que lle tocou vivir, o artista ideou un mundo máxico que conecta coa literatura de Swift, Rulfo, Valle ou Cunqueiro, inzado de entroidos, diaños, sátiros, monstros, ananos e fuanos... e un tipo de pintura tan singular que, medio século despois da súa primeira exposición foi reclamada polos xoves de Atlántica para explicar as inquedanzas estéticas dos 80 desde Galicia, no seo dunha arte que comezaba a planetizarse.
-5%
Avant:19,60 €
Après:18,62 €
TVA incluse
Hors catalogue

Laxeiro, a invención do mundo de l'auteur Castro, X. Antón édité par XERAIS
Laxeiro, a invención do mundo a un code ISBN 978-84-8302-142-2. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Laxeiro, a invención do mundo au format ebook.
7,00 € 6,65 €
20,00 € 19,00 €
14,00 € 13,30 €
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
12,95 € 12,30 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....