Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: "O conservador país onde non existen os conservadores" (Premio Fernández Latorre de periodismo); "No mellor país do mundo" (serie publicada en La Voz de Galicia); "Terra Cha, cha, cha, cha" (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); "A Campaña do Ogro" (sobre as eleccións de 1993); "A Campaña do Botafumeiro" (sobre as eleccións de 1997); "O gaiteiro solitario" (serie publicada en A Nosa Terra); "Toca madeira" (serie publicada en La Voz de Galicia); "O pleonasmo de Don Manuel"; "Oración fúnebra pola Orquestra do Vento" (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto).A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de "No mellor país do mundo", por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.
-5%
Avant:20,20 €
Après:19,19 €
TVA incluse
Hors catalogue
Si votre achat dépasse 19

Galicia, Galicia de l'auteur Rivas Barrós, Manuel édité par XERAIS
Galicia, Galicia a un code ISBN 978-84-8302-470-6. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Galicia, Galicia au format ebook.
12,00 € 11,40 €
5,00 € 4,75 €
5,00 € 4,75 €
17,05 € 16,20 €
10,95 € 10,40 €
6,50 € 6,18 €
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
19,50 € 18,53 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....