Claudio Rodríguez Fer reuniu neste libro un conxunto de esclarecedores comentarios de textos literarios galegos contemporáneos, sete en prosa e sete en verso, que exemplifican diversos métodos e enfoques de análise, coa fin de contribuír a desenvolver unha práctica crítica e docente tan importante para a nosa cultura como para o noso ensino. Así, aparecen investigacións fundadas na interpretación ecdótica, na erudición documental, nos métodos de análise intratextual (estilístico, estructural, semiótico, narratolóxico, recepcional, pregmático) e nos enfoques de carácter extratextual (intertextual ou comparado, histórico-literario, histórico-social, antropolóxico-etnogr áfico, ideolóxico-filosófico, biográfico-psicolóxico). Deste xeito, importantes autores de textos poéticos (Rosalía, Pondal, Curros, Pimentel, Aquilino, Ferreiro, Tovar), narrativos (Castelao, Otero, Cunqueiro, Ferrín), ensaísticos (Dieste, Manuel Antonio) e teatrais (Blanco Amor) son comentados por estudiosos é profesores tan diversos como Xesús Alonso Montero, Xosé Filgueira Valverde, Arcadio López Casanova, Carmen Blanco, Anxo Tarrío, Darío Villanueva, Luís Miguel Fernández, Arturo Casas, Ricardo Carvalho Calero, Mª Carme Ríos Panisse, Xosé Manuel Salgado, Claude Henri Poullain, Andrés Torres Queiruga e Luís Alonso Girgado.
-5%
Avant:19,20 €
Après:18,24 €
TVA incluse
Hors catalogue

Comentarios de textos populares e de masas de l'auteur Rodriguez Fer, Claudio édité par XERAIS
Comentarios de textos populares e de masas a un code ISBN 978-84-7507-780-2. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Comentarios de textos populares e de masas au format ebook.
19,50 € 18,53 €
15,95 € 15,15 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....