Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña o 22 de marzo de 1992. En 1961 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país. Avilés de Taramancos, publicou os poemarios "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1959), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), "As torres no ar" (1989) e "Ultima fuxida a Harar" (1992); ademais do libro de relatos "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003) e da peza infantil "Tres capitáns de tempos idos" (Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa foron recollidas en "Obra viva" (1992). Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992) ofrece un singular percorrido fotobiográfico sobre a figura humana e literaria que Galicia homenaxea este 17 de maio. Preparada coidadosamente por María Dolores Arxóns Alvarez e X.Lois Agrelo Hermo, amigos persoais e biógrafos do poeta, a presente fotobiografía ofrece máis de douscentos documentos gráficos (fotografías, programas, textos manuscritos...) e textos literarios, ordenados cronoloxicamente, e, en boa parte, ata agora inéditos, que constitúen o máis amplo álbum documental sobre a figura de Antón Avilés de Taramancos. Percorrido fotobiográfico iniciado na súa aldea natal de Taramancos (1935-1953), que continúa no seu tempo de formación e bohemia na Coruña (1953-1961), que se ensancha no seu perído en Colombia, a súa patria acolledora (1961-1980), que conclúe en Noia, a súa patria recuperada (1980-1992). Percorrido visual, precedido polo ensaio "Antón Avilés, o sentimento fabulador da terra", preparado polo seu amigo e coetáneo xeracional o académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui.O volume complétase cunha completa cronoloxía e unha bibliografía de e sobre Antón Avilés.
-5%
Avant:51,50 €
Après:48,93 €
TVA incluse
Hors catalogue
Si votre achat dépasse 19

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992) c'est un livre du genre BIOGRAPHIES de l'auteur Arxóns Álvarez, M. Dolores édité par XERAIS dans l'année 2003.
Antón Avilés de Taramancos (1935-1992) a un code ISBN 978-84-7507-378-1. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Antón Avilés de Taramancos (1935-1992) au format ebook.
10,00 € 9,50 €
20,05 € 19,05 €
33,95 € 32,25 €
19,95 € 18,95 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....