Esta é a crónica subxectiva dun tempo, os últimos vintecinco anos, narrada por unha persoa que posúe a percepción sensible e apaixonada dos que loitan activamente para mellorar unha realidade tan incerta como a Galicia deste período. Un libro que está a cabalo entre unhas memorias dun tempo presente, na metade do camiño da vida do seu autor, e un ensaio sociolóxico e político sobre o pasado inmediato e o devir do país. Empregando unha narración en primeira persoa, tan emotiva e fermosa como nalgúns momentos provocadora, Baamonde fai desfilar por estas páxinas a vida daqueles conmovedores rapaces que nos anos setenta aprendían antifranquismo. O autor ensaia un retrato do desenvolvemento da nova clase política que provocou a Autonomía, perfilando unha imaxe da sociedade galega, sumida -para el- "na inercia, no marasmo e no desconcerto", non exenta de dureza, pero descrita sen amargura, coa leve ironía e o tipo de humor distanciado de quen pretende desenvolver a madurez dunha conciencia crítica. O volume inclúe un ensaio final, "Recapitulación: Galicia, hoxe, máis ou menos", onde Baamonde realiza unha interpretación dos últimos vintecinco anos en Galicia, á luz da evolución do pensamento sobre a identidade e dos fenómenos políticos e sociais que supuxo a consolidación do proceso autonómico. Unha obra singular para animar o debate e a reflexión sobre un futuro por construír. Un libro que dará moito que falar.
-5%
Avant:16,85 €
Après:16,01 €
TVA incluse
Hors catalogue

Aire para respirar c'est un livre du genre LITTÉRATURE de ESSAIS de l'auteur Baamonde García, Antón édité par XERAIS dans l'année 2002.
Aire para respirar a un code ISBN 978-84-8302-921-3. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Aire para respirar au format ebook.
22,95 € 21,80 €
8,50 € 8,08 €
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
21,95 € 20,85 €
18,95 € 18,00 €
31,50 € 29,93 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....