O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño -preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez- iníciase a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles tempos. Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na glosa da importancia do mosteiro de Oseira, así como dos Pazos do Arenteiro e dos camiños polo Ribeiro de Avia.
-5%
Avant:9,90 €
Après:9,41 €
TVA incluse
Hors catalogue

A memoria do Carballiño c'est un livre du genre SCIENCES, TECHNOLOGIE ET MÉDECINE de GÉOGRAPHIE de l'auteur Díaz Martínez, Carlos édité par XERAIS dans l'année 2003.
A memoria do Carballiño a un code ISBN 978-84-9782-051-6 et se compose de 96 pages. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas A memoria do Carballiño au format ebook.
10,21 € 9,70 €
11,00 € 10,45 €
11,00 € 10,45 €
30,50 € 28,98 €
30,75 € 29,21 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....