Redondela non é exclusivamente unha vila senón un concello que aglutina trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Quintela, Redondela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela e Vilar de Infesta; cada unha delas con personalidade propia, unhas, mirando ó mar, outras, mirando ó agro, outras ó monte, outras urbanas. Pero a Redondela que se recolle neste álbum de postais ten aspectos ben concretados no destacable, no exótico. A praia, a illa de San Simón, aspectos e recantos da vila, e, sobre todo, os dous viaductos, que salvan o val, a fochanca onde está metida a vida urbana, e que foron feitos para unir Vigo con Ourense e Pontevedra. A vila dos viaductos é o sinal de identidade máis coñecido de Redondela e, por tanto, a estampa máis recoñecida e máis postalística de todas.Este libro de estampas non pretende ser máis ca iso, a captura da vida doutros anos, o recordo que fai que en nós agrome de novo a idea dunha Redondela recuperada. Son mñáis dun cento de postais, é dicir, a imaxe con que a vila se presentaba diante do mundo enteiro, a cara fermosa para amosarlles ós de fora que os redodeláns existían, cómo eran e cómo vivían: preto do mar e do campo, nun verde val rodeado de montes e costas, un fondo circo redondo atravesado por dúas vías do tren, lanzadas por riba das casas gracias á modernidade da enxeñería do ferro, que trazaba pontes. Pertencen estas postais á colección de Luís Borines, un redondelán que tamén perdeu a súa Redondela, e que dende hai anos trata de reconquistala nun arquivo de postais que andan espalladas polo mundo adiante, en tendas inverosímiles, en chambos e rastros, en centros de coleccionismo por toda Europa. O libro complétase cun texto literario, «A Redondela recuperada», preparado polo escritor J.A. Xesteira.
-5%
Avant:9,90 €
Après:9,41 €
TVA incluse
Hors catalogue

A memoria de Redondela c'est un livre du genre ART, ARCHITECTURE, CINÉMA ET PHOTOGRAPHIE de LA PHOTOGRAPHIE de l'auteur Xesteira, Xosé Ángel édité par XERAIS dans l'année 2001.
A memoria de Redondela a un code ISBN 978-84-8302-710-3. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas A memoria de Redondela au format ebook.
32,00 € 30,40 €
15,00 € 14,25 €
30,00 € 28,50 €
51,95 € 49,35 €
23,95 € 22,75 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....