Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. En consonancia coa actividade que literaria e socialmente se desenvolve arredor do Día das Letras Galegas, o noso grupo quere contribuír ás numerosas achegas realizadas ó estudo e análise do autor ou autora ó que se dedica esta celebración. A figura de Lois Pereiro, que protagoniza este 2011, é pois quen centra esta primeira entrega. Trátase dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica. Porén, Lois Pereiro gozou e goza de certa admiración, e mesmo culto, por parte de sectores minoritarios pero relevantes no campo cultural galego. O Día das Letras Galegas vai permitir que a súa presenza irrompa de xeito definitivo na sociedade galega, chegando por fin a novos e amplos círculos. Trátase, si, dun escritor complexo, pero tamén transgresor, que o sistema literario galego, desde o canon, ten dificultades á hora de clasificar, etiquetar... Desde a súa pertenza ou inclusión nun determinado grupo xeracional, á súa novidosa estética que incorpora trazos da cultura underground contemporánea do rock e do punk anglosaxóns, pasando polas súas fontes e referencias da poesía e da literatura centroeuropea en lingua alemá. Ningunha outra figura do seu tempo ten un perfil biográfico similar, cunha actitude vital na que se proxectan as mesmas tensións que tamén toman corpo nos seus textos.
COMPRA ESTE ARTÍCULO
19,50 €
IVA incluido
Descatalogado
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Que lle podo ofrecer a quen me intente? es un libro del género LITERATURA de POESIA del autor Angueira, Anxo editado por XERAIS en el año 2011.
Que lle podo ofrecer a quen me intente? tiene un código de ISBN 978-84-9914-283-8 y consta de 176 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Que lle podo ofrecer a quen me intente? en formato ebook.
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....