Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela aliméntase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Album fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade.
Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores perante unha narrativa que transcribe os fragmentos do real.
-5%
Antes:23,10 €
Después:21,95 €
IVA incluido
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Os espellos do tempo es un libro del género LITERATURA del autor Vaqueiro Foxo, Vítor editado por GALAXIA en el año 2008.
Os espellos do tempo tiene un código de ISBN 978-84-9865-115-7 y consta de 300 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Os espellos do tempo en formato ebook.
29,30 € 27,84 €
22,55 € 21,42 €
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....