A Filosofía zoolóxica, culminación dunha vida dedicada á investigación e o estudo dos seres vivos, conságrase á organización e evolución destes. En tres partes explicitamente diferenciadas, Lamarck aborda a clasificación das especies e a transformación dos seus caracteres a través do emprego frecuente e continuado (ou non) dos órganos correspondentes; a orixe da vida e o que comporta para os seres que a posúen e, en último lugar, a xénese da intelixencia e as emocións. Jean-Baptiste Lamarck é un autor hitoricamente silenciado e condenado ao ostracismo no eido intelectual, un proceso xa iniciado polos seus coetáneos, salientando coma principal antagonista das súas ideas Georges Cuvier, quen era defensor da influencia do diluvio universal como causa da modificación das especies. Os postulados de Lamarck eran, porén, revolucionarios no momento en que se publicaron, cincuenta anos antes dÆ A orixe das especies de Darwin, e anticipaban a teoría da evolución, que mudaría radicalmente o paradigma científico e o devir das ciencias naturais dende entón. Testemuño da dimensión deste clásico do pensamento científico é que, fóra as diferenzas terminolóxicas, a Filosofía zoolóxica, e unha obra completamente vixente na actualidade. As teorías transformistas, coa excepción dalgúns ámbitos alleos á ciencia e aínda fortemente apegados ao creacionismo máis tradicional, están amplamente recoñecidas e aceptadas coma a pedra angular da bioloxía moderna, sendo Lamarck, polo tanto, o punto de partida para o coñecemento e análise dos seres vivos.
-5%
Antes:20,00 €
Después:19,00 €
IVA incluido

Filosofía zoolóxica es un libro del género POLITICA, RELIGIÓN Y FILOSOFIA de FILOSOFIA del autor Lamarck, Jean-Baptiste editado por USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA en el año 2021.
Filosofía zoolóxica tiene un código de ISBN 978-84-18445-60-6 y consta de 599 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Filosofía zoolóxica en formato ebook.
16,00 € 15,20 €
18,00 € 17,10 €
16,95 € 16,10 €
15,00 € 14,25 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....