Do reino (e) dos amores proscritos.
Unha viaxe á Idade Media máis colorida
Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas.
Este libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.
-5%
Antes:14,96 €
Después:14,21 €
IVA incluido

Do reino (e) dos amores proscritos. es un libro del género LITERATURA de TEATRO del autor Afonso Becerra de Becerrea editado por LAIOVENTO (IBD)
Do reino (e) dos amores proscritos. tiene un código de ISBN 978-84-8487-766-0 y consta de 82 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Do reino (e) dos amores proscritos. en formato ebook.
13,00 € 12,35 €
12,00 € 11,40 €
9,99 € 9,49 €
8,95 € 8,50 €
11,95 € 11,35 €
11,99 € 11,39 €
16,00 € 15,20 €
35,00 € 33,25 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....