O Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, da autoría de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias, recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en cinco campos: a clave, a frase, o texto, o significado e a(s) correspondencia(s) no outro idioma. No campo da clave identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase: o substantivo (con frecuencia, o primeiro en aparecer na orde de lectura), ou de non habelo, o verbo, o adxectivo e o adverbio. No campo da frase diferénciase frecuentemente entre núcleo e determinados elementos da contorna e proporciónase un certo número de variantes. No campo texto, facilítase un exemplo de uso documentado, extraído de diversos corpus lingüísticos e de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. No campo do significado preséntase a definición da entrada, enriquecida por información pragmática, metalingüística. No campo das correspondencias achéganse unha ou varias frases que serven para verter ese valor fraseolóxico da entrada no outro idioma. No caso do castelán, dáse prioridade ao español peninsular e só excepcionalmente se enriquece ese campo co español de América. Este Dicionario fraseolóxico bilingüe está deseñado como unha fonte de recursos e de coñecemento idiomático útil para os falantes e para os usuarios de diferentes ámbitos da lingua (académicos e profesionais), tanto galegos como non galegos.
-5%
Antes:39,95 €
Después:37,95 €
IVA incluido
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego es un libro del género DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS del autor López Taboada, Carmen editado por XERAIS en el año 2020.
Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego tiene un código de ISBN 978-84-9121-776-3 y consta de 1216 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego en formato ebook.
16,00 € 15,20 €
30,00 € 28,50 €
22,50 € 21,38 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....