Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro no que os auténticos protagonistas falan en por si.
-5%
Antes:21,75 €
Después:20,66 €
IVA incluido
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

As cartas do destino. es un libro del género LITERATURA del autor Núñez Seixas, Xosé Manuel editado por GALAXIA en el año 2005.
As cartas do destino. tiene un código de ISBN 978-84-8288-791-3. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de As cartas do destino. en formato ebook.
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
23,00 € 21,85 €
19,50 € 18,53 €
14,40 € 13,68 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....