Xela Arias, quedas en nós
Xela Arias, quedas en nós Arias Castaño, Lois / Arias López, Valentín
Editorial:
XERAIS
Year of edition:
2004
ISBN:
978-84-9782-242-8
EAN
9788497822428
pages:
224
High:
300 High
Width:
200Width
Idiom:
GALEGO

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

-5%

18,45 €

17,53 €

VAT included

Discontinued

Add to Favorites

Xela Arias, quedas en nós is from the author Arias Castaño, Lois / Arias López, Valentín and try

Xela Arias, quedas en nós from the author Arias Castaño, Lois edited by XERAIS in the year 2004.

Xela Arias, quedas en nós has an ISBN code 978-84-9782-242-8 and consists of 224 pages. In this case it is format paper, but we don't have Xela Arias, quedas en nós in format ebook.

Other books by