Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos. O autor acadou sona internacional con Vies minuscules, libro de relatos que publicou aos 37 anos. Na súa nova novela, Os once, conta a historia dun cadro exposto no Louvre e no que aparecen os membros do Comité de Salvación Pública durante a Revolución Francesa. Michon reconstrúe na novela a historia dese cadro e do momento histórico que aparece reflectido nel. En Os once, Michon conta a historia do pintor François-Elie Corentin, a quen en plena Revolución Francesa lle encargan pintar un cadro no que aparezan retratados os membros do temido Comité de Salvación Pública, "os once", entre os que se encontraban Robespierre e Saint-Just, organismo que levou adiante a denominada política do terror. Nesta viaxe no tempo á que Michon arrastra ós seus lectores grazas á forza de evocación do relato, o escritor francés realiza unha crítica desapiadada do poder para, fronte os grandes persoeiros da Historia, situar as súas vítimas. Os once recrea maxistralmente o París revolucionario, retrata os protagonistas da revolución e critica a Arte que se pon ao servizo do poder político.
Unha crítica desapadiada do poder, da Historia como instrumento de dominación.
-5%
Before:15,50 €
After:14,73 €
VAT included

Os once it is a book of the genre LITERATURE from the author Michon, Pierre edited by GALAXIA in the year 2009.
Os once has an ISBN code 978-84-9865-239-0 and consists of 122 pages. In this case it is format paper, but we don't have Os once in format ebook.
18,90 € 17,96 €
17,90 € 17,01 €
18,90 € 17,96 €
19,90 € 18,91 €
15,90 € 15,11 €
19,90 € 18,91 €
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
23,00 € 21,85 €
19,50 € 18,53 €
17,35 € 16,48 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....