Segundo Eduardo Galeano, Manu Chao. Música e liberdade, do xornalista musical italiano Alessandro Robecchi, "non é unha biografía dun rock star pola sinxela razón de que Manu Chao non é un rock star, senón máis ben un rock wind, e non se pode retratar o vento. O autor deste libro métese nese vento que se mete nos mundos do mundo, e convídanos a voar".Robecchi reconstrúe a traxectoria vital e musical de Manu Chao dende os comezos dos Hots Pants e Los Carayos á paixón insurrecta de Mano Negra, á aventura do cargueiro Melquíades, e á Colombia do Expreso de xeo e lume, momento no que chegou a se converter no verdadeiro líder do grupo. Esta primeira biografía continúa co seu camiñar musical en solitario, abordando tanto o éxito radical dos seus discos Clandestino e Próxima Estación... Esperanza, como das súas estancias en Barcelona, ou o seu último concerto en Lalín, nunha traxectoria ascendente cara ao número un de tódalas listas musicais de Sudamerica e Europa, gracias á mestizaxe musical que fai que as súas cancións non pertenzan a un só lugar senón a todo o mundo.Xurxo Souto e Xosé Manuel Pereiro reivindican no libro a pegada galega da obra de Manu Chao e reviven a súa estadía en Galicia. Na introducción de Xurxo Souto, "Manu Chao en Galiza, ou a aventura da Feira das mentiras", descríbese o encontro de Manu Chao coa terra dos seus maiores, a terra e as xentes de Bastavales, a unión co movemento Bravú, a participación na Caravanne des Quartiers e a celebración en Santiago, no agosto de 1998, da Feira das Mentiras. Pola súa banda, o xornalista Xosé Manuel Pereiro escribe un epílogo, "Ciao, Manu", no que revive a última estadía de Manu Chao en Galicia, en Lalín no mes de agosto de 2001, "unha festa realmente global", e no que valora o papel da proposta musical de Manu Chao na sociedade actual.
-5%
Before:21,75 €
After:20,66 €
VAT included
Out of stock
If your purchase exceeds 19

Manu Chao it is a book of the genre BIOGRAPHIES from the author Robecchi, Alessandro edited by XERAIS in the year 2001.
Manu Chao has an ISBN code 978-84-8302-725-7. In this case it is format paper, but we don't have Manu Chao in format ebook.
21,00 € 19,95 €
20,90 € 19,86 €
10,00 € 9,50 €
20,05 € 19,05 €
33,95 € 32,25 €
19,95 € 18,95 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....