O protagonista do novo álbum da autora é un neno moi serio ao que non lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola, todos, todos lle chamaban Eduardiño, e, ademais, ríanse do seu nariz. Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no autobús non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai, que todas as noites lle le "O patiño feo". Eduardiño xa sabe que, ao final do conto, o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato? Cómpre destacar a modernidade deste sutil xogo de relacións que se establece entre o conto clásico de Andersen e Nariz de ouro. Un recurso, o da intertextualidade, que lle permite á autora enriquecer o texto con novos significados, e que abre para os lectores horizontes novos á hora de interpretaren a obra. O espírito rebelde da escritora, amosado en libros anteriores, tamén está presente neste relato que reivindica con humor o dereito a sermos imperfectos, e reflexiona sobre a importancia da autoestima na consolidación da personalidade dos máis pequenos.
-5%
Before:15,00 €
After:14,25 €
VAT included

Galeno. sobre las facultades naturales it is a book of the genre TRAINING AND SCHOOL de TEXT BOOK from the author Lara Nava, D. edited by EDICIONES CLASICAS
Galeno. sobre las facultades naturales has an ISBN code 978-84-7882-276-8 and consists of 259 pages. In this case it is format paper, but we don't have Galeno. sobre las facultades naturales in format ebook.
13,00 € 12,35 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....