Catro músicos, Ana, Amalia, Antonio e Anxo, son convidados á casa pacega de dona Clara Ferreiro, unha rica viúva, imbuída do ideario romántico, que perdeu as dúas pernas no accidente de tráfico no que morreu o seu home. Durante catro días do nadal de 1981, os músicos ensaiarán alí os catro movementos dunha peza de corda de Brahms que deberán executar o día do primeiro cabodano do empresario Augusto Haltés. No mesmo tempo e nun espacio moi próximo, o mozo Alberte alias Karpov espera ordes para atentar contra a vida dun rico industrial da vila."Cuarteto con piano" de Xosé Manuel Villanueva desvela as vivencias e as tensións sociais que se producen nunha vila industrial galega en crise, a principios da década de 1980, un tempo de desconcerto e perplexidade, á vez que afonda en temas como as dificultades da convivencia, o terrorismo, a clandestinidade, o amor ou o sexo. Unha extensa novela de grande alento narrativo, escrita coa precisión do cirurxián e a minuciosidade do investigador policial. Unha grande novela sobre a tensión da expresión artística e sobre as raíces profundas da traizón, da ansia e da saudade.
-5%
Before:27,00 €
After:25,65 €
VAT included
Discontinued
If your purchase exceeds 19

Cuarteto con piano from the author Villanueva Prieto, Xosé Manuel edited by XERAIS in the year 2003.
Cuarteto con piano has an ISBN code 978-84-7507-167-1 and consists of 584 pages. In this case it is format paper, but we don't have Cuarteto con piano in format ebook.
19,50 € 18,53 €
15,95 € 15,15 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....