A visión do amor
no cancioneiro de Don Denis
Estudo e edición de 33 cantigas de amor.
Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas
de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales
aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico
xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos
trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco,
unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz
poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación
da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e
literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa
fi xación textual, realizada seguindo as tendencias 'neo-lachmanianas' e
outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual.
O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas,
fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este
destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións
da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo
diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal.
O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción
lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza
a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como
o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito
que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso
glorioso patrimonio cultural e literario
-5%
Before:19,90 €
After:18,91 €
VAT included

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis it is a book of the genre LITERATURE from the author Leticia Eirín García edited by LAIOVENTO (IBD) in the year 2016.
A visión do amor no cancioneiro de Don Denis has an ISBN code 978-84-8487-300-6 and consists of 286 pages. In this case it is format paper, but we don't have A visión do amor no cancioneiro de Don Denis in format ebook.
15,00 € 14,25 €
10,40 € 9,88 €
10,40 € 9,88 €
11,99 € 11,39 €
30,00 € 28,50 €
29,99 € 28,49 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....