"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema "textículos dramáticos e posdramáticos", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación "post" que se lles reclama, como pola dimensión "testicular" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor).
Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, "de amor", pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes "textículos" de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: "Pero turbados los dos nos escondíamos".
(Do prólogo de Manuel F. Vieites)
"Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana.
Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar."
(O autor)
-5%
Abans:13,00 €
Després12,35 €
IVA inclòs

TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS es un libro del género LITERATURA de TEATRE del autor Afonso Becerra de Becerrea editado por LAIOVENTO (IBD) en el año 2014.
TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS tiene un código de ISBN 978-84-8487-237-5 y consta de 134 Pàgines. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS en formato ebook.
12,00 € 11,40 €
9,99 € 9,49 €
14,96 € 14,21 €
8,95 € 8,50 €
11,95 € 11,35 €
11,99 € 11,39 €
14,96 € 14,21 €
20,00 € 19,00 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa