Florencio Vaamonde Lores (Bergondo, 1860-A Coruña, 1925) foi un dos máis relevantes escritores de fins do século XIX e quixo construír un sistema literario normalizado que abranguese campos aínda non tratados pola literatura galega, introducindo novas liñas poéticas. A súa poesía segue as grandes correntes que se producen na literatura europea postromántica, a filosófica, social, épica e intimista, e introduce o clasicismo. O seu obxectivo foi crear unha lingua culta a través dunha literatura de calidade que, ademais, fixase unha norma. Na súa obra poética conxugou o mundo clásico co celta, rexeitando o enxebrismo ruralista e idealizando o campo. Na presente edición, precedida dun amplo estudio bibobliográfico sobre a figura de Florencio Vaamonde, preparada pola profesora Isabel Seoane Sánchez, actualmente profesora da Universidade de Deusto, reúnense tres dos poemarios de Florencio Vaamonde: "Os calaicos. Poema en cuatro cantos" (1894), primeiro poema épico nacional da literatura galega, no que se narra un importante capítulo da historia de galicia: a defensa da cidade da Coruña ante o ataque inglés en 1589. "Mágoas" (1901) e "Follas ao vento" (1919), os outros dous poemarios do volume, son as obras onde se comproba o coñecemento que Vaamonde tiña dos clásicos gregos e latinos e onde se observa o influxo que recibiu de Horacio, Anacreonte, Virxilio, Camoes, Carducci e sobre todo Leopardi, á parte da forte pegada do petrarquismo que se rastrexa nos seus sonetos. Unha obra a de Vaamonde que, en suma, reflicte o intento de estilizar, normalizar a actualizar a literatura galega, e poñela ao día dun xeito definitivo.
-5%
Abans:17,95 €
Després17,05 €
IVA inclòs
Descatalogat

Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento es un libro del género LITERATURA de LITERATURA CLÀSICA del autor Vaamonde Lores, Florencio editado por XERAIS en el año 2003.
Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento tiene un código de ISBN 978-84-9782-011-0 y consta de 344 Pàgines. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento en formato ebook.
8,00 € 7,60 €
35,00 € 33,25 €
9,00 € 8,55 €
20,00 € 19,00 €
19,50 € 18,53 €
19,50 € 18,53 €
22,95 € 21,80 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa