Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.
-5%
Abans:22,95 €
Després21,80 €
IVA inclòs
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

A viaxe de meu pai del autor Pereira Bueno, Fernando editado por XERAIS en el año 2024.
A viaxe de meu pai tiene un código de ISBN 978-84-11-10501-9 y consta de 512 Pàgines. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de A viaxe de meu pai en formato ebook.
25,95 € 24,65 €
12,95 € 12,30 €
15,50 € 14,73 €
12,95 € 12,30 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa