Reigosa, Carlos G. del Valle-Inclán Alsina, Javier Monleón, José
Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Compostela acabaría por converterse nun dos seus propios esperpentos. O derradeiro. O que aquí se desvela.
Carlos G. Reigosa e Javier del Valle-Inclán (neto do escritor) expoñen neste libro dúas versións suxestivas e complementarias daqueles episodios. Ambos os dous centraron a súa ollada investigadora nos últimos meses de don Ramón. O resultado son dúas visións esenciais que nos mergullan nunha realidade nova e sorprendente.
O crítico de teatro José Monleón, fundador e director da revista Primer Acto e experto na obra de Valle-Inclán, presenta e completa o libro cunha reflexión sobre a traxectoria que seguiu o teatro do escritor galego, desde a negación inicial ata a súa exaltación universal.
A morte de Valle-Inclán é un libro para sentir de cerca o latexo do grande escritor e rememorar a Historia doente que lle tocou vivir.
-5%
Abans:19,95 €
Després18,95 €
IVA inclòs

A morte de Valle-Inclán. O último esperpento es un libro del género BIOGRAFIES del autor Reigosa, Carlos G. del Valle-Inclán Alsina, Javier Monleón, José editado por XERAIS en el año 2016.
A morte de Valle-Inclán. O último esperpento tiene un código de ISBN 978-84-9914-963-9 y consta de 144 Pàgines. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de A morte de Valle-Inclán. O último esperpento en formato ebook.
10,00 € 9,50 €
20,05 € 19,05 €
33,50 € 31,83 €
19,95 € 18,95 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa