En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento para mestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa conta ou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicacións que recollían experiencias dun número moi considerable de profesores da propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moi laborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitas veces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas, conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, ao non existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de ciencias da educación doutras universidades españolas. A esta rigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco de información e documentación complementaria: referencias bibliográficas e documentais; índice de imaxes, de táboas e onomástico, e once anexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursos de especialización, posgrao e másteres; o obradoiro permanente de educación ambiental; os proxectos de investigación desenvolvidos polo ICE; as publicacións patrocinadas; os premios á innovación educativa na USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveis do ICE.
-5%
Antes:22,00 €
Despois20,90 €
IVE incluído
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela es un libro del género POLÍTICA, RELIXIÓN E FILOSOFÍA de PEDAGOXÍA del autor Porto Ucha, Ángel Serafín editado por USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA en el año 2020.
O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela tiene un código de ISBN 978-84-17595-75-3 y consta de 359 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela en formato ebook.
18,50 € 16,65 €
14,50 € 13,78 €
12,00 € 10,80 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade