En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento para mestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa conta ou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicacións que recollían experiencias dun número moi considerable de profesores da propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moi laborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitas veces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas, conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, ao non existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de ciencias da educación doutras universidades españolas. A esta rigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco de información e documentación complementaria: referencias bibliográficas e documentais; índice de imaxes, de táboas e onomástico, e once anexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursos de especialización, posgrao e másteres; o obradoiro permanente de educación ambiental; os proxectos de investigación desenvolvidos polo ICE; as publicacións patrocinadas; os premios á innovación educativa na USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveis do ICE.
-5%
Before:22,00 €
After:20,90 €
VAT included
If your purchase exceeds 19

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela it is a book of the genre POLITICS, RELIGION AND PHILOSOPHY de PEDAGOGY from the author Porto Ucha, Ángel Serafín edited by USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA in the year 2020.
O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela has an ISBN code 978-84-17595-75-3 and consists of 359 pages. In this case it is format paper, but we don't have O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela in format ebook.
18,50 € 16,65 €
14,50 € 13,78 €
12,00 € 10,80 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....